PROGRAMA AMGEN TRANSFERCIENCIA
Que é TransferCiencia?
Es un/unha investigador/a no campo da xenética ou da biotecnoloxía?
Amgen TransferCiencia interésache.
Que ofrecemos?
O Programa Amgen TransferCiencia pretende mellorar a aprendizaxe das ciencias, especialmente a xenética e a biotecnoloxía, que se leva a cabo nos centros de secundaria, proporcionando unha educación científica máis ampla e completa á xente moza.
Apostamos polas capacidades e o talento divulgador dos investigadores e investigadoras pre-doc e post-doc, coa formación dun equipo vinculado activamente cos centros educativos participantes.
Ademais, o programa tamén ofrece aos estudantes a posibilidade de participar no concurso Divulga en 2', un concurso de comunicación/difusión científica, co fin de potenciar a capacidade de expoñer en público do alumnado no ámbito da xenética e da biotecnoloxía.
Cales son os nosos obxectivos?
Quen somos?
Amgen é unha compañía biofarmacéutica dedicada ao desenvolvemento e produción de medicamentos biolóxicos para pacientes con enfermidades graves ou con necesidades médicas non cubertas. Dende hai case 40 anos, usou as innovacións en medicina, o coñecemento científico e a tecnoloxía máis avanzada co obxectivo de descifrar as complexidades da bioloxía humana e atopar terapias humanas innovadoras.
Coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos pacientes, Amgen centra os seus esforzos en áreas terapéuticas como a cardioloxía, a nefroloxía, a saúde ósea e a oncohematoloxía. Ao longo destas catro décadas converteuse na empresa farmacéutica biotecnolóxica líder en España e na biofarmacéutica independente máis grande do mundo. Os seus tratamentos xa chegaron a máis de 20 millóns de pacientes en todo o mundo, e a centenares de miles no territorio español, a onde chegou en 1990.
A Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació (FCRI), entidade privada nacida no ano 1986, disemina a investigación e a innovación entre a sociedade para fomentar a cultura científica, as vocacións científico-técnicas e o emprendemento en dito ámbito.
Actualmente, ten dúas seccións de actividade: Ciencia e vocacións científicas e Diseminación e innovación da ciencia. Cada unha destas seccións desenvolve distintos programas dentro dos que se engloban un amplo espectro de actividades e subprogramas.
O padroado da FCRI integra á Generalitat de Catalunya, Fundación Bancaria «la Caixa», Esteve, IberCaja, Telefónica I+D, BBVA, Endesa e Irestal Group.